O gardamallas Rubén Blanco renova ata 2020


O Real Club Celta atesoura un ilusionante presente e un gran futuro cunho dos planteis máis novos de Primeira División. Para que esta realidade sexa aínda máis consistente, o club pechou nas últimas semanas a renovación de xogadores como Augusto, Sergio Álvarez, Orellana ou Fontás. O protagonista hoxe é o porteiro Ruben Blanco, quen acaba de cumprir 20 anos de idade. O canteirán será celeste ata 2020.

Rubén debutó en xullo de 2012 co primeiro equipo no Trofeo Cidade de Vigo e fíxoo en Primeira División o 26 de maio de 2013 nun inesquecible partido ante o Valladolid cando aínda non cumprira 18 anos. O porteiro céltico chegou á entidade para sumarse ao Infantil B celeste, alá polo ano 2008.

Estou moi contento e agradezo a confianza que o club depositou en min. Isto axúdame a seguir adestrando cada día con máis ilusión se cabe", comentou o canteirán céltico, quen destacou que “a miña intención é crecer no Celta, aquí, na miña casa”.

Nota de prensa

0 comentarios:

Publicar un comentario