Sergio pide que o valoren


Foto: LOF
Sergio levantou onte a voz para reclamar a súa parte de importancia no equipo. O canteirán é desos xogadores ós que lle supoñemos que sempre poñerán da súa parte para renovar, ou aceptar sen rechistar calquer proposta do club, pero onte tamén quixo defende-lo seu traballo: “Estamos falando. Vai pouco a pouco. Non teño presa, co clube hai boa relación. Non teño problema, sempre imos falar cordialemente. Se non hai dificultades chegaremos a un acordo”, sinalou. 

Pero matiza: “É o clube da miña vida, estou feliz aquí e gustariame estar toda a miña vida, pero tamén me gusta que me valoren, como a todo o mundo”. Engade que tivo algunha oferta: “Sempre hai chamadas, quén se interesa por ti, pero a miña primeira opción é sempre o Celta. Estou disfrutando do que quixen facer durante tantos anos”, admite, pero volve a matizar: “Sí que hai algunha diferencia con outros compañeiros ou circunstancias. Son un chaval da casa, todo o mundo sabe que a miña ilusión é xogar aquí e cecáis por iso se da por sentado que me quedarei. É a miña primeira intención, pero un tamén se quere sentir valorado polo clube, a afección, que sempre me apoia, ou a prensa.. e ó final tes que valorar todo iso. O que quero é quedarme”, apuntou. 

Sergio Álvarez ten contrato ata o 30 de xuño de 2016. En principio o clube xa mostrou publicamente a súa predisposición para amplia-la vinculación do meta de Catoira, pero de momento segue sen anunciarse. Ata o de agora, case tódalas renovacións de Sergio son por un ou dous anos como moito. Veremos se tra-la gran tempada pasada, o Celta aposta algo máis por Sergio. 

0 comentarios:

Publicar un comentario