Radoja volveu xogar tres meses despois


Foto: Celta
Unha das grandes novidades do partido de onte fronte ó Nuremberg foi a presenza de Nemanja Radoja. O xogador serbio volvía xogar co Celta tres meses despois do seu último encontro, perante o Eibar en Ipurúa. Aquel día xogou de maneira testimonial xa que apenas estivo durante catro minutos sobre o terreo de xogo. 

Despois foi diagnosticado dunha pubalxia que obrigou ó xogador a pasar polo quirófano, perdendo o que restaba de tempada. O pasado venres tampouco xogou por unhas molestias non preocupantes que lle impediron adestrar con normalidade na xornada do xoves. Onte, actuando na súa posición habitual de pivote defensivo, estivo ó nivel agardado, moi intenso en defensa e aplicado co balón nos pes. O Radoja que todos coñecemos. 

0 comentarios:

Publicar un comentario