O ex do Celta, Óscar Díaz, ficha polo Numancia


Foto: EFE
O ex xogador do Celta, Óscar Díaz, que a pasada tempada xogou no Real Valladolid, militará  os dous vindeiros cursos no Club Deportivo Numancia de Soria, con unha terceira tempada opcional, sendo así o sexto reforzo do clube castelán. Ós seus 31 anos, Óscar Díaz posúe unha ampla traxectoria profesional. 

Comezou no Alcorcón, pasou pola canteira do Real Madrid, e en 2006 fichou polo Elche. No Celta xogou na tempada 2008-09, cedido polo Mallorca, onde non chegou a xogador nunca. Despois de abandonar Vigo a súa traxectoria por clubes de Segunda foi a prácticamente equipo por ano: Xerez, Girona, Lugo, Almería (en Primeira División), e Valladolid, onde o ano pasado marcou 2 goles en 27 partidos. O seu gran ano foi no Lugo, reconvertido por Setién en dianteiro centro, marcou 15 goles en 38 partidos, a súa mellor cifra como profesional. 

0 comments:

Publicar un comentario