Celta e Independiente achegan posturas por Mancuello


As derradeiras horas serviron para que a opción Mancuello, da que falábamos onte pola mañá fose tomando forma. Dende Arxentina o seu nome volve a vincularse ó Celta, e danse por pechadas as negociacións co Dnipro ucraíno, a pesares de que fai uns días dábase por pechada esa operación. Independiente precisa vender e basea as súas contratacións no diñeiro que reciba pola saída do seu xogador estrela. Con 26 anos, Mancuello sabe que chegou o momento de dar o salto a Europa, pero quere facelo deixando na caixa do seu equipo unha morea de pesos. 

Daquela, as informacións que chegan a última hora de onte falaban dun achegamento de posturas entre Celta e Indpendiente. Xa estiveron preto, segundo afirmou a prensa arxentina no seu momento, pero a saída de Mina e o tempo pasado sen que ningún clube pague o que os arxentinos piden por Fede Mancuello, pode achegar as posturas case por obriga. Ó Celta venlle ben o xogador, que prefire xogar en Vigo a pesares de ter mellores ofertas económicas, e a Independiente tamén lle interesa vender. Veremos o que pasa nesta fichaxe que se está alongando máis do desexado en Praza de España. 

0 comentarios:

Publicar un comentario