A TVG emitirá o Celta - Galatasaray


Foto: Nordbayern
A TVG emitirá este mércores o partido que xogará o Celta en Austria fronte ao Galatasaray turco. O partido arrancará ás oito e media da tarde e poderase ver pola segunda canle do ente autonómico. 

Será o primeiro partido emitido pola televisión durante esta pretemporada. Ata o de agora os afeccionados celestes tiveron que conformarse con seguir ó seu equipo a través da internet, en condicións mellorables. O choque ante o Nuremberg sí que se puido ver con calidade, pero fronte ao Greuther Fürth non foi así. 

O ano pasado a TVG emitiu algún amigable da xira do Celta por Inglaterra, concretamente fronte ao Everton, e por suposto o derbi disputado en Pasarón. A canle autonómica era habitual  nas retransmisións fai uns anos, cando o Celta realizaba algunha xira por Europa, pero tra-los cinco anos en Segunda, con moitos partidos complicados para ser emitidos, foise perdendo esa tradición que achegaba o Celta ós seus siareiros durante o verán. 

0 comentarios:

Publicar un comentario