A Salernitana ofrece ó Celta a posibilidade de xogar un amigable en agosto


A prensa italiano faise eco no día de hoxe da posibilidade de que o Celta xogue un amigable fronte a Salernitana nos primeiros días do mes de agosto. O partido disputaríase no estadio Arechi de Salerno, onde o clube de Campania xoga os seus partidos como local. 

No caso de que finalmente se dispute este amigable, que non está confirmado por ningún dos dous clubes, sería nos primerios días de agosto, aínda que a Salernitana ten programado un xogo co Andria, que podería ser anulado ou retrasado para poder medirse ó Celta. A Salernitana milita actualmente na Serie B italiana. 

O Celta xogará mañá o seu cuarto partido dende que marchou a Alemaña -ante o Galatasaray foi en Austria- e de momento non ten ningún outro encontro programado ata o Memorial Quinocho que se xogará o 14 de agosto. De todolos xeitos parece difícil pensar que o Celta se desprazará ó sur de Italia para xogar un amigable. 

0 comments:

Publicar un comentario