Volven a relacionar a Carrillo co Celta


A fichaxe de Iago Aspas non pecha as incorporacións para a dianteira. A saída de Charles, máis algunha que se poida producir nos vindeiros días, abre tódalas opcións para a chegada de novos xogadores ofensivos a Vigo. Un dos que xa sonaron foi Guido Carrillo, que onte volveu a ser vinculado ao Celta, concretamente polo diario arxentino Hoy. 

Carrillo é un dos dianteiros de moda do fútbol sudamericano, despois de realizar unha moi boa tempada nas filas de Estudiantes de La Plata, con quen marcou 13 goles en 22 partidos. Con esas cifras non será doado fichar a un xogador que non sairá do equipo branco e vermello por menos de 10 millones de euros. 

Os rumores situaban a semana pasada ó xogador a través dun grupo de inversión que cedería ó xogador ó Celta despois de paga-los 10 millóns que custa, buscando que o futbolista se revalorizase no conxunto vigués. Segundo a información do diario Hoy, que non mencionado ó debandito grupo inversor, Palermo e máis o Celta son os clubes máis interesados en Carrillo. Dende logo, o traspaso é a día de hoxe imposibel para o Celta. 

0 comentarios:

Publicar un comentario