Barovero, posible incorporación para a portería do Celta


O Celta planea trocos para o vindeiro curso na portería, segundo indicou o programa da Radio Galega, Galicia en Goles, que asegura que a entidade viguesa plantéxase a cesión de Rubén Blanco para que goce dos minutos que se lle negan actualmente, e pretende contratar a un gardamallas que compita con Sergio Álvarez pola titularidade. 

Ese porteiro pode ser Marcelo Barovero, que xoga en River Plate dende fai tres anos. Nacido o 18 de febreiro de 1984, trátase dun experimentado gardamallas que comenzou a súa carreira profesional en Atlético Rafaela, onde militou durante catro tempadas antes de xogar en Huracán, e de aí saltar a Vélez Sarsfield. Co club de liniers xogou durante catro anos, sendo sempre titular, e no verán de 2012 fichou por River Plate, un dos clubes máis importantes de América. 

Segundo informa Galicia en goles, Barovero foi ofrecido ó Celta, e é unha das opcións para reforzar a portería no caso de que Rubén Blanco saía finalmente cedido a outro equipo, nunha operación moi parecida á que levou a cabo cando Yoel foi cedido ó Lugo, e Javi Varas chegou a Vigo. 

0 comentarios:

Publicar un comentario