![]() |
Foto: Xoan Carlos Gil |
As taquillas do Estadio Municipal de Balaídos presentaron grandes colas no día de onte, e agárdase que continúen hoxe no derradeiro día para aproveita-las vantaxes de aboarse durante o mes de xuño. Aqueles que se den de alta ou renoven terán un cinco por cento de desconto, e a posibilidade de asistir, sen pagar un recargo, aos partidos marcados polo Celta como “día do clube”, é dicir, os de Madrid, Barcelona e Deportivo.
É moi frecuente que sempre se deixe todo para o derradeiro día, así que hoxe seguramente vexamos imaxes similares ás de onte. A actividade na taquilla de Balaídos era bastante tranquila en días anteriores, sen demasiadas aglomeracións nin moito tempo de espera. Os que vaiades hoxe ide sen presa.
0 comments:
Publicar un comentario