As noivas de Sergio Álvarez


Foto: Marca
Un dos nomes que se vinculou co Celta nas últimas datas é o do xogador do Sporting Sergio Álvarez. O medio campista remata contrato o vindeiro 30 de xuño co conxunto xixonés e non contestou á proposta de renovación que lle ofreceu o clube, nin o fará ata coñecer en que categoría  militará o Sporting a vindeira temporada. O cadro asturiano ten opcións de conqueri-lo ascenso directo esta fin de semana, onde pelexará contra o Girona, e se non o acada aínda ten por diante a promoción de ascenso na que se enfrontará contra Las Palmas, Valladolid e outro equipo que ben pode se-lo Zaragoza. 

Segundo informa o diario Marca, nunha información asinada por Pablo García Cuervo, a intención do xogador é a de continuar no clube no que se formou, pero ve unha boa oportunidade de medrar a nivel deportivo xogando en Primeira División e esa é a súa teima neste momento. Por suposto, o feito de rematar contrato é un bo reclamo para moitos equipos que valoran o nivel amosado este ano na Segunda División. 

O interese do Celta

O interese dos vigueses en Sergio Álvarez ven de lonxe, sendo un xogador que gosta moito a Miguel Montes Torrecilla, Director Deportivo celeste e queren facerlle unha proposta ao xogador, pero segundo estas informacións aínda non lla fixeron. Así pois, é posible que agarden a definir a situación do Sporting no vindeiro curso, pero quizáis para entón sexa un pouco tarde. 

Inglaterra tamén se fixa nel

Sergio Álvarez non ten admiradores soamente en España. Dende Inglaterra son varios os clubes que se fixaron nel. De feito xa recibiu dúas propostas en firme, ambolos dous da Championship inglesa, que equivale á segunda división. O gran problema para Celta e Espanyol é que, en moitos casos, os equipos da segunda inglesa poden competir con eles á hora de pelexar por un xogador. Só falta a complicidade do futbolista para ficar en España. 

0 comentarios:

Publicar un comentario