![]() |
Foto: Marta G. Brea |
O interese do Sevilla en xogadores célticos non remata en Jonny, xa que antes de interesarse polo lateral céltico, xa se fixou noutro xogador de caraterísticas similares: Hugo Mallo. Un xogador moi apreciado pola dirección deportiva andaluza dende fai unhas cantas tempadas. Non hai que esquecer que o de Marín leva varios anos destacando na banda dereita celeste, xa dende a época do Celta na segunda categoría.
Nas últimas datas, Monchi tamén tentou algún achegamento, con pouco éxito ó turrar de fronte coa cláusula de rescisión do canteirán celeste. Hugo Mallo ten unha cláusula de 20 millóns de euros que o Sevilla non está disposto a pagar, e como o Celta tampouco quere vender, aí morreu o conto, pero o interese, que ven de vello, volveu a darse este verán.
Hugo Mallo é un xogador moi valorado no fútbol español. A pesar da súa curta idade, cumpre 24 anos este mes de xuño, xa acumula 182 partidos oficiais co Celta. Todo iso a pesares das lesións que curtaron, dalgún xeito, a súa traxectoria como futbolista. De feito, a lesión máis grave, producido nun encontro da Copa do Rei perante do Real Madrid, freou en seco a súa carreira hacia a internacionalidad. Del Bosque apuntara o seu nome na lista, e según algunhas fontes, borrouno cando o viu na grada visitante de Riazor apupando ós siareiros rivais.
De tódolos xeitos, a súa calidade non admite moita descusión, así que o normal é que o seu nome volva a soar este verán como reforzo dalgún clube importante. Por sorte para o Celta, o xogador está ben atado e non se volve tolo co primeiro canto de serea que escoite.
0 comments:
Publicar un comentario