A Radio Galega anuncia que a chegada de Aspas pode supor a saída de Santi Mina


Foto: Xoan Carlos Gil
Descoñecemos o alcance exacto desta nova, pero segundo os compañeiros de Galicia en Goles, o programa da Radio Galega, a chegada de Iago Aspas ao Celta pode te-lo efecto dominó da saída de Santi Mina, que ten ofertas do Porto e do Benfica. Jorge Mendes está traballando na busca dun equipo para o seu representado. 

Hai que ter moita prudencia con estas informacións, xa que no Celta hai sitio para estos dous xogadores, totalmente complementarios. Santi Mina destapouse na recta final da pasada liga e é un xogador con un increíble marxen de mellora, algo que supoñemos que no Celta saben moi ben, así que compre confiar no bo criterio que ultimamente están amosando na praza de España. 

0 comentarios:

Publicar un comentario