A Deputación garante un Balaídos reformado para o ano 2018


A Deputación Provincial anunció onte que aportará uns 15 millóns de euros á reforma do Estadio Municipal de Balaídos e aprobará hoxe venres no pleno extraordinario unha inversión de case 15 millóns de euros, co que Vigo terá “un estadio totalmente renovado en 2017 ou principios de 2018”, haxa ou non outros inversores, segundo aseguraron onte en rolda de prensa Rafael Louzán e o vicepresidente José Manuel Figueroa. 

Tanto a Deputación como o Concello aportarán a mesma cantidade, para un total de 29,7 millóns de euros, cantidade na que está presupostada, inicialmente, a reforma integral do estadio vigués. Esta reforma abrangue o achegamento das gradas de Gol e Marcador, así como un cambio de imaxe cunha nova cuberta que trocará a fisonomía do vello estadio de Fragoso. 

Figueroa suliñou que esta será a “meirande inversión da historia” que realiza a Deputación na cidade de Vigo, e defendeu que Balaídos e o Celta son “un símbolo e un atractivo importante tanto no deportivo como polo seu retorno económico e repercusión”. 

A falla de acordo entre as institucións provocou un pequeno retraso na finalización das obras, previstas inicialmente para o verán de 2017, e que agora concluirán a principios do ano 2018. De feito, as obras para a colocación da cuberta en Tribuna foron as primeiras en sofrir este retraso, e non estarán listas para arranca-la vindeira tempada, como estaba previsto inicialmente. O caso é que se faga. 

0 comentarios:

Publicar un comentario