A chegada de Daniel Wass só está pendente do acordo co Evian


A chegada de Daniel Wass ó Celta podería producirse nos vindeiros días, logo de que o Celta e mailo xogador chegaran a un acordo, según afirma o Faro de Vigo na súa edición deste mércores. O xornal vigués concreta o acordo nun contrato que uniría ó xogador dinamarqués para as vindeiras cinco tempadas, pero segue pendente de pecha-lo acordo co clube francés propietario do xogador, o Evian. 

A falta deste acordo é o que falla para que o Celta anuncie a contratación do que pode ser o segundo fichaxe da tempada tra-la incorporación de Iago Aspas procedente do Sevilla. Neste caso, o clube de Praza de España terá que desembolsar unha cantidade de cartos non especificada. O xogador remata contrato o vindeiro ano e o Evian descendeu á segunda francesa, polo que se ve, en certo modo, obrigado a vender ós seus mellores efectivos, especialmente no caso de Wass que se marcharía gratis o ano que ven. 

O xogador tamén está moi interesado en xogar en Vigo. Coñece as instalacións, xa que as visitou a pasada fin de semana, e conta co consello positivo de Michael Krohn-Dehli, con quen coincidiu a outra semana na concentración da selección dinamarquesa. O normal é que Wass remate xogando no Celta, pero, como noutros casos recentes, o fútbol da moitas voltas. 

0 comentarios:

Publicar un comentario