![]() |
Foto: Juan Echeverría |
Estou de mal humor pola derrota no Power 8. A perda do partido contra o Espanyol é algo maís que unha perda dos tres puntos (que dende logo, e levando a racha que levamos, xa é gravámen dabondo) e, buscando o mesmo paralelismo entre o filme antes mencionado e o Celta, é coma se Berizzo non recordase as tácticas das fontes onde bebeu. Tanto que insistiron e venderon a pantasma de Bielsa e do descipulo aventaxado que vendo o do outro día un queda todavía mais perplexo... ou estafado. E non o digo polo final: xogar a empatar, pode valer cando cada punto é vital. E non é cuestión de facerlle noxo a todo o que sexa sumar puntos. O peor foi o o conflicto de mentalidades tácticas. A falta de capacidade de enmenda. A falta de manteñemento da identidade.
Máis semellanzas co Corazon do Anxo: nin sequera tendo as mellores estrelas de aquela, Alan Parker puido colleitar un grande éxito. O guión era bó, moi bó. Mickey Rourke viña de batir todos os rexistros con nove semanas e media, De Niro de arrasar coa "Misión", Lisa Bonet era unha estrela de TV da serie de Bill Cosby. O resultado non funcionou na carteleira. O Celta ten o mellor tridente atacante dos últimos anos. Os elementos do guión son bós, presión, forza, rapidez, resolución na contra, chegada, recepción rápida, "powerplay". A película fracasa.
Algo non acaba de mesturar ben. E non é cuestión de nomes. Sería doadísimo e inxusto. Podemos dicir o que sexa de Pablo Hernández. O "Lamento Tucumano", pode ser case un despropósito coma xogador na primeira divisíon. E case impensable que este sexa o mesmo xogador que fixo once dianas a temporada pasada. O seu rendemento non xustifica a súa presencia no once titular, nin deste equipo nin en ningún de primeira división española. Pero iso non o fai culpable de nada. Non a el, como moito faille culpable de non aproveitar a súas oportunidades cando outros non tiveron tantas. Non é tan doado nin tan persoalizable. O noso problema, aparte de mental -que é o mais evidente- é o táctico. Non é cuestión de homes nin de nomes. É cuestión de miolos, de plantexamentos. E tamén que algúen empeza a decatarse de que a regla do tres que se fixo na liga chilena non serve pra esta liga. Nin sequera se asemella.
É certo que as máximas e as leccións 'Made in' Bielsa dos equipos dinámicos que fan presión en toda a cancha son máis que evidenciables nesta equipa. As influencias nótanse. Pero non as consecuencias. Todo o "kharma bielsístico" non significa gran cousa cando fas a presión de forma desigual e non constante. Cando tes xente a perna cambiada, o balón sae sen criterio, dende o primeiro tercio, cual melón toxico-plutónico e se insistes en inventos con toda a boa intención do mundo pero que unha e outra vez non teñen pinta de funcionar. O dinamismo e envidiable ata que alguén che disputa a posesión e o dominio do balón, e fai a presión con menor desgaste físico, maior profundidade, máis talento e mellor trato o coiro. Alí todo o monologo do Mesias de Newell's queda en auga de borrallas e comenzan as dúbidas. Fora do dogma, se tomamos o fútbol de Don Marcelo coma tal, só existe a liberdade. A liberdade e os plantexamentos do estratega. E cando o estratega dubida, a derrota chega sempre. É inviable un acerto ante tantas adversas circunstancias. Colofón agardado. Consecuencia.
Pero penso, por isto do meu carácter positivo e porque inda sei algo da intrahistoria do fútbol, e da xente do propio fútbol, que Toto é un home valente. Que saberá tomar de novo as rendas da parte táctico-estratéxica. Que terá que darlle unha volta os plantexamentos, que xa sabe que o invento ten que cambiar nalguha faceta, dalgún xeito porque o enfermo xa non reacciona. Todos agardamos expectantes.
Ou pode que a Toto lle pase coma Johnnie Favourite cando finalmente se atopa a si mesmo no Corazón do Anxo, que todo sexa xa demasiado tarde pra el. Imaxínome o propio Satanás encarnado en Bielsa, sentado no sofá, apoiado no bastón. Que, mentras Berizzo chora bágoas de sangue gritando 'Sei quen son' o míster de místers argentinos lle solte iso de que 'Mephistópheles é un nome moi longo incluso pra Manhattan'. Ou peor: que lle diga aquelo de "Tengo la antipática obligación de ser sincero, Toto".
0 comments:
Publicar un comentario