Primeiro foi Setembro...
Logo.. Nadal...
Chegou Xaneiro. ¿alguén viu a algunha constructora achegarse o Estadio De Balaidos, algunha plantilla de obreiros ou operarios?
.. o mellor pasaron e non as vin...
¿Excavadoras?
.. tampouco ¿non?
¿Algún andamio que eu non vira ?
¿Viu alguén a algún topógrafo cun teodolito preto das instalacións da zona franca? Inda que parezca só pra disimular ... MoiCeleste admite fotos.
Xoguemos o Scatergories: Admítimos Presidente da Deputación coma populista. Admitimos Alcalde e 'Alcaldía' ( ese ente xuridico, ese termo reinventado e novo no concello ) como megalómano ou entidade megalómana. Admitimos coma sinónimo de Siareiro Celeste o termo "sufridor" ou "masoca". Admitimos calquera postura sobor deste tema. Kamasutra politico sobre a afición. O de sempre. Coma sempre. Nunca maís.
Nin un peso. Nin un obreiro, nin unha pala. Temos unha das mellores equipas en canto a vistosidade de xogo da sacrosanta liga española xogando nun estadio de mediados do século pasado. Con aluminosis, cun tercio do seu aforo sen visibilidade, sen servizos.
Un acto de fé cada vez cunha persoa entra pola porta dun estadio incoherente, inconexo, fora do seu tempo. Coma un tótem, coma unha reliquia.
Mentras, noutras partes: Estadios novos sen afección e case sen equipos.
Louzán. Presidente da deputación. Agora da federación. Seguimos co Scatérgories. Admitimos trepa. Xente que se xunta pra o de sempre, elixir otra xente do gremio. Quen non está, non merece estar. Queda no círculo. Na 'famiglia'. Ante a crítica, o de sempre: 'Omertá'
Os obreiros seguen sen estar, e os cartos sen chegar, as instalacións sen renovar. Obreiros sen ir, maquinaria sen encender, teodolitos ausentes.
Os que falan por falar.. sempre presentes. Coma dixo o poéta: "gente que pasa y va apestando la tierra".
Carraxe. Viuse vir.. pero carraxe. Outra vez.
Pero inda así, ninguén nos quitara xamais a posibilidade de soñar, de ser nos, de chorar, de rir, de sufrir, de cantar. Porque inda que sexa nun derruido estadio, nun solar, nunha leira rodeada de silveiras, o sentimento do Celta non depende do continente. Depende dunha equipa e dun contenido: o corazón. A arma maís poderosa e mais cargada de futuro.
Seguemos agardando os Teodolitos. Coma quen agarda a Godot na obra de Beckett.
Vladimir: Alors, on y va ?
Estragon: Allons-y.
Ils ne bougent pas.
Twitter: @FjlamasFt
0 comments:
Publicar un comentario