A gaseosa


Foto: Alberto Martín
Vinte anos son nada dicía o tango. Imaxínense dous. Un parpadeo. Dous, un aleteo dunha mariposa, dous anos despois, tanto o Presidente Mouriño coma Torrecilla quedan en Madrid, coma xa sucedera dous anos atrás. Berizzo e un cadaver fubolistico, é evidente. El mesmo inmolouse onta da rolda de prensa.

Coma se fose unha esperpética repetición do que lle sucedera a Paco.  Un paralelismo incómodo e improcedente. Alí xestouse a sua destitución, a súa morte , o seu fin. Nunha habitación dun hotel, cun ordenador e dous telefonos móviles que ardían preguntando a representantes de Resino, de Schuster, de Lillo... Mentras Paco ia camino de Vigo, non sei se sabendo o que lle agardaba. Ou palpando na gorxa o nú da traición. Case ninguén quere lembrar ese dia.

Salvouse a temporada sobre a bocina. Ese é o dia que todos lembran, a invasión do terreo de xogo, a xente chorando, apertas os xogadores, entre eles, ledicia inmensa. O que a xente agarda e necesita. Cando chegou Abel non din un peso por él. Erreí. Logrouno. Foi o seu mérito. Poucas veces alegreime tanto dun erro meu. Moi poucas.

As proximas horas agardan a guillotina e a posterior fumata blanca, coma na toma de decisión dun pontífice. O único que quero transmitir é que temos que cambiar de modelo, coma pareceu con fixeramos con Herrera. Temos que traer a alguén que realmente non deba estar suxeito a resultados. Temos que traer a algúen que comprenda a canteira, que traia xogadores dende abaixo, que sexa o suficientemente experimentado coma pra entender o que a afección quere. E o suficientemen xoven coma pra ter recorrido duns cantos anos. E deixarnos de experimentos. Pra iso incluso  nos laboratorios do CERN teñen a gaseosa. O resto e  correr riscos non entendibles.

0 comentarios:

Publicar un comentario