A peña celtista "siareiros.net" quere comunicarvos a súa satisfacción (e orgullo :-P) de comprobar unha vez máis que a nosa afección é grande e soubo apoiar a nosa iniciativa de mercar accións do Celta.
Traballamos para que as accións do Celta estean en mans do celtismo e emocionanos comprobar que somos moitísimos os que pensamo-lo mesmo.
Lembrade que buscábamos celtistas para comprar entre todos 500 accións a 30 euros e xa superamos as 1000 accións solicitadas.
Unha vez que xa podemos confirmar que as accións custarán 30 euros (e avisar ao xogador que prepare outra caixa delas :-P) Agora estamos en contacto co avogado do xogador e o club para buscar o xeito de poder validar un procedemento a seguir no que as tres partes esteamos de acordo: vendedor, Celta e compradores.
Si algún máis quere unirse a isto ten a info de como apuntarse para saber cando compralas na web da peña "siareiros.net" e nos medios dixitais do Celta habituais.
#celtismo10#accións1000
0 comments:
Publicar un comentario