Álex López: "Temos que quedarnos cos primeiros setenta minutos"


Foto: Xoan Carlos Gil 
Álex López pasou pola zoa mixta de Balaídos ao remate do encontro fronte á Real Sociedad. O ferrolán lamentou o empate, pero quedouse coas cousas positivas: "Os partidos nos que te atopas gañando por dous goles, con boas sensacións, e onde acabas pedindo a hora deixanche unha sensación amarga. Eles son un bo equipo e fixeron as cousas ben, pero debemos quedarnos cos primeiros setenta minutos", suliñou. 

O volante celeste sinalou o cansancio do equipo coma un dos motivos da reacción visitante: "Pode ser cansancio, que perdamos a pelota con facilidade... bastantes factores. Con respecto á recuperación de Pablo Hernández tra-la súa lesión, Álex López comentou que "cantos máis sexamos mellor, porque iso vai axudar a que a competencia medre e que todos teñamos que da-lo noso mellor nivel. A papeleta é para o adestrador, que ten que elixir". 

Por último, falou do partido que medirá aos célticos co Atlético de Madrid a vindeira fin de semán. O ferrolán cre que para gañar no Calderón "hai que facer moitas cousas ben, pero eu creo que temos tódolos mimbres para facelo. Xogamos ben, presionamos ben arriba, temos moita movilidade. Eles son un equipo que xunta ben as liñas e nós temos a capacidade de rompelas. Temos por diante unha semana para traballar e poder sacar algo positivo", salientou. 

0 comentarios:

Publicar un comentario