Recuperado o material confiscado aos afeccionados célticos en Vallecas


No partido disputado o pasado 5 de abril en Vallecas, varios afeccionados célticos sofriron o expolio do seu material de animación por parte da seguridade privado do Rayo Vallecano. Argumentaban que as bandeiras coa estrela nacionalista supoñían unha provocación que podería derivar en algún problema de orden público. É algo que, por desgraza, sofren con bastante frecuencia tanto os seguidores do Celta, como aqueles que acompañan a equipos de Euskadi ou Cataluña. Como xa sucedera en outras ocasións, o material incautado non foi devolto ó remate do encontro. 

Os membros do Colectivo Nós publicaron no día de onte un comunicado onde relatan todolos movementos levados a cabo para acadar todo o material confiscado pola seguridade vallecana. Unha historia que remate con final feliz, ou case, porque este tipo de situacións, por inexplicables e absurdas, deberían desaparecer do anecdotario dos afeccionados canto antes. De seguido, o comunicado completo do Colectivo Nós, a quen aproveitamos para felicitar pola súa teima para recupera-lo material secuestrado. 


0 comentarios:

Publicar un comentario