Vídeos de Karpinha: 90 voces para 90 anos


Levaba uns días a xa coñecida por todos Karpinha, Andrea Sánchez, buscando a colaboración dun centenar de celtistas para un novo vídeo que estaba a preparar. Pedía simplemente as súas voces para unha idea que lle bulía. E abofé que mereceu a pena. Logrou nunhas poucas horas toda a axuda necesaria e tras uns poucos días de elaboración e montaxe aquí temos o resultado.

Dicir que estamos ante o mellor de Karpinha quizais é moito dicir. Ten xa grandes obras nestes últimos anos. Pero este novo traballo ocupa xa un posto de honra entre todos eles. Un traballo onde aportamos o noso pequeno anaco.   


0 comments:

Publicar un comentario