Video, canción e pancarta para Iago Aspas



Dende a peña "siareiros.net" pensamos que o elixido, grazas a tantos votos, mellor xogador do Celta no ano 2012, merecía ser lembrado. A idea polo tanto era homenaxear ao gañador do "Manuel de Castro 2012". A idea era non olvidarnos de alguén coma Iago Aspas, e para qué negalo, a idea secreta e profunda era soñar coa súa volta, algo tremendamente complexo pero quen o sabe...

O primeiro foi facer un debuxo que molara moito, e coma sempre Pablo Rosendo non decepcionou. Logo tendo o debuxo, fixemos unha pancarta para levar a Balaídos:

O segundo, e tras escoitar a Gus Agulla e a Javi Vaz esnaquizar unha canción de Andrés Calamaro, retocamos un pouco a letra e buscamos alguén que a cantase afinada (quero dar as grazas ao meu irmán Carlos).

Para terminar, pedímoslle a Karpinha (sempre agradecidos) que puxese imaxes á canción, que xa tíñamos, e fíxonos esta obra de arte que é un pracer compartir con todos vós...


.

Soamente engadir 5 palabras máis: Iago Aspas, nunca te esqueceremos.

0 comments:

Publicar un comentario