![]() |
Foto: EFE |
Yoel foi un dos protagonistas do partidos. O gardamallas céltico realizou boas paradas na tarde de hoxe, especialmente nos minutos derradeiros do partido, onde se converteu no salvador do Celta. Ao remate do partido, en zona mixta, restaba importancia á súa actuación persoal: "Eu penso que o bo traballo é de todos, uns estamos para paralas e outros para marcalas". Con respecto a unha das súas paradas, bromeu: "O importante é sacala, como se che da no cú".
Un rival duro o Vilarreal, algo que xa agardaban no Celta: "Sabíamos que o Vilarreal nos ía atacar, xa o agardabamos. Son xente rápida arriba, son difíciles de parar". E como non, Jonathan Pereira era un dos xogadores máis perigosos: "Na rolda de prensa xa dixen que agardaba que non tivese un bo partido, e xogou moi ben diante da súa xente. Desexolle o mellor do mundo de aquí en diante". Para rematar, mostrouse contento por marchar para a casa sen encaixar ningún gol: "A calquera lle gustar levar a portería a cero, hai que ir sumando pouco a pouco".
0 comments:
Publicar un comentario