Vila: "Somos os xogadores os que facemos bos os sistemas"


Foto: La Nueva España 
As aparicións de Jonathan Vila no Celta foron intermitentes nas últimas tempadas, pero, co paso do tempo, acabou por afianzarse como peza esencial do ascenso e a permanencia. A confianza do vestiario, logo de varios anos coma un dos capitáns, xa a ten.

-¿Que se lles esixe aos centrais?
-Sobre todo, unha boa saída de xogo. Aos técnicos gústalles combinar, polo que o primeiro é iso. Sempre chega o balón dende os porteiros e hai que poder iniciar da mellor maneira. Despois, a nivel defensivo, o de sempre: rapidez, contundencia e deixar a portería a cero.

-¿En que esquema se sinte máis cómodo?
-O de catro era máis coñecido. O de cinco era a novidade, pero cos comentarios do míster sobre como saír co balón ou comezar a xogada atopámonos mellor. Tamén é afacerse e hai que seguir acoplándose. Son os xogadores os que fan bos os sistemas.

-¿É moi difícil xogar de libre?
-É novo, pero resúltame fácil. Ao vir de xogar de mediocentro, é similar, pero sabendo que son o último home e o perigo que conleva. Atopeime cómodo. O importante é saber qué facer.

-¿Dous destros e dous zurdos ou sempre combinar?
-Non o sei. Déronse casos de compaxinalos sen problemas.

-¿Como están vivindo a situación de Túñez?
-É un grandísimo compañeiro, pero quen decide nisto é o míster. Isto é fútbol e dun día para outro todo pode cambiar. Hai que acatalo e respectalo.

-Como capitán, ¿vai tendo un papel máis importante cada ano no vestiario?
-Xa levo uns anos séndoo e síntome moi orgulloso de levar o brazalete. É outra faceta máis para tratar de axudar ós canteiráns e á xente que chega nova, para que se adapten e estean máis cómodos. Gústame e espero seguir así. O capitán ha de ter un carácter especial porque leva a responsabilidade dos compañeiros pero, dentro do campo, todos somos un.

-Nas últimas tempadas gañou o posto sen partir como fixo. ¿Será así este ano?
-Sempre é complicado, porque hai competencia, pero con traballo e sacrificio todo se pode conseguir. Tanto se saio de inicio coma de suplente, o que non farei é relaxarme nin baixar os brazos. As tempadas son longas e duras e sempre hai que estar preparados.

-¿Como ve á defensa na estratexia defensiva a balón parado?
-Adoitamos adestrala antes dos partidos. Pode dar ou quitar moitos puntos. Temos que estar moi concentrados, porque nos está a custar moito.

-¿Como valora a falta de gol no equipo?
-Con normalidade. Creamos ocasións e ensaiamos outro tipo de cousas moi positivas, o gol é cuestión de acerto. En canto metas o primeiro, tamén pode desaparecer a suposta ansiedade que crea non telos marcado. Acabarán chegando.

-¿Notarase a experiencia en Primera como algo a favor?
-Claro, é importantísimo. Houbo erros de principiantes que pagamos e agora intentaremos corrixir. Cada tempada en Primeira faranos mellores. O ano pasado botamos en falta veteranía e concentración. Ademais, reforzámonos moi ben e, xunto á experiencia do ano pasado e á ilusión dos canteiráns, seremos un equipo competitivo.

-¿Cal é a súa meta persoal?
-Afianzarme no once e, se non, seguir traballando para xogar o máximo. Pero sobre todo, axudar ó equipo, que é o máis importante, porque se o conxunto vai ben, estaremos todos ben.

0 comentarios:

Publicar un comentario