#NonNosRendemos (O vídeo de Karpinha)


Este domingo hai quedada en Balaídos para apoiar ao equipos antes de que parta rumbo hacia Mallorca para xogar o partido máis importante da tempada. Os siareiros celestes non queren ficar parados e surxiu unha iniciativa fomentada polas principais webs dixitais do Celta e as peñas co fin de xuntar o meirande número de celtistas en Balaídos. Karpinha, o xenio dos vídeos en internet, non se quixo quedar atrás e preparou este video especial para a convocatoria do domingo. "#NonNosRendemos (14-04-2013) Sempre Xuntos", é o título da súa última entrega, que a bo seguro será quen de emocionarnos unha vez máis. 

0 comments:

Publicar un comentario