Viaxe organizado a Vallecas


BRAIS ALONSO
O próximo 10 de novembro, ás 16 horas, o Celta xogará en Vallecas. Estadio de boas lembranzas para o Celtismo máis incondicional que disfrutou en directo dunha fantástica remontada fai só dúas tempadas. O caso é que, para moitos, será a volta á “nosa” competición despois do intenso percorrido polos cumes da Liga. Pero non nos levemos a enganos. Este é un encontro importantísimo para o futuro máis próximo do noso equipo.

Será neste partido onde o Celta necesite do noso alento, dos nosos ánimos. Sí, pode que o Bernabeu ou o Camp Nou sexan escenarios inigualables, que o ambiente é moi diferente, e que, dende logo, Vallecas non ten tanto glamour. Pero si de verdade sintes ó equipo, non podes deixalo só neste desprazamento.

Para min, como para moitos outros incondicionais, Vallecas non é máis nin menos que, por dicir un, o Bernabeu. É tan só, o estadio onde o meu equipo, o Celta, vai loitar por tres importantes puntos. E dende logo que van a necesitar dos nosos berros de ánimo!

Por iso, as peñas que nunca deixan só ó equipo, están a organizar o desprazamento a Vallecas. Entre elas, "Irmandiños 1923", unha peña de recente creación na que os seus socios están a demostrar partido tras partido o seu potencial.

Así pois, para aqueles interesados, en acudir a Vallecas, este é o plan de viaxe de Irmandiños:

<<Saída ás 2am dende Balaídos para chegar a Madrid sobre as 10 da mañá. Ó remate do encontro voltará o bus de volta cara Vigo.

En principio, e dependendo das prazas do bus, manexan uns prezos de 28 € para os socios da peña e de 33€ para celtistas en xeral.

Para máis información, podedes poñervos en contacto con eles no seguinte enderezo: irmandinhos1923@gmail.com>>

Sempre habrá quen poña excusas de todo tipo para non ir a Vallecas, ainda que unha semana antes faga unha viaxe para “ir a ver o Camp Nou”. Unha cousa non quita a outra, dende logo. Eu teñoo claro, estarei en ambos desprazamentos, pero son consciente de que onde certamente o Celta vai necesitar de nós, será contra o Raio Vallecano.

E ti, ¿vas a deixalos sós?

0 comments:

Publicar un comentario