![]() |
REAL CLUB CELTA |
Con motivo do inicio da XII Vigo Cup, torneo internacional de fútbol basee que este ano recibe a 49 clubs de Galicia, Madrid, Castela-León e norte de Portugal; a Fundación Vigo Deporte (VIDE) entrego os seus premios, cos que pretende pór en valor ao fútbol local.
Rubén Branco Veiga, porteiro canteirán do Real Club Celta, foi designado mellor promesa sub 21 nacional deste ano. O xogador recolleu o galardón de mans do Alcalde Abel Caballero, nun acto de entrega que tivo lugar na Alcaldía do Concello de Vigo. Á cerimonia de entrega tamén acudiu Manel Fernández, Concelleiro de Deportes; e José María Goicoa, Director da Fundación Celta.
O premio VIDE á mellor promesa sub 21 ten xa unha importante traxectoria ás súas costas. En edicións anteriores os xogadores galardoados foron Javier Portillo (Real Madrid, 2003), Borja Oubiña (R.C. Celta, 2004), Iago Falque (FC Barcelona B, 2008), Jonathan Pereira (Racing de Santander, 2009), Diego Mariño (Villarreal B, 2010) e Thiago Alcántara (FC Barcelona, 2011).
Nota de prensa
0 comments:
Publicar un comentario