Sergio: "A xente que veu a Balaídos sempre nos axudou"


Foto: LOF
Sergio Álvarez foi un dos protagonistas na victoria ante o Recreativo. O de Catoira encaixou un gol, pero foi fundamental na segunda métade para conter as chegadas dos onubenses. Tra-lo partido pasou por sala de prensa e mostrou a súa felicidade pola victoria: "É para estar contento xa que se conseguiron os tres puntos. Encaixamos un gol, pero o importante é o equipo, se se gaña é cando máis contento se vai un", manifestou o canteirán.

O gol de Pablo Sánchez poñía fin a unha xeira de 678 minutos sin encaixar un gol. Sergio definía o gol da seguinte maneira: "Foi unha xogada rápido. O primeiro tiro puiden paralo pero sinto rabia porque despois de parar un tiro así que collan o rexeite e marquen da rabia", explicaba o de Catoira, que quixo destacar a capacidade de reacción do equipo: "Facía tempo que non íamos por  detrás no marcador, e iso significa que o equipo sabe responder tamén cando vai por detrás. Chegar ao descanso perdendo é unha situación complicado e o equipo demostrou madurez pola forma na que saíu ao campo na segunda metade", suliñou.

O meta celeste tivo verbas de agradecemento para os siareiros que acudiron na fría noite de onte a Balaídos: "A xente que veu a Balaídos sempre nos axudou e dende aquí quero darlle-las grazas por vir e animar. Os que vfeñen sempre están demostrando que nos están axudando". Para finalizar, Sergio prefiere non fixarse nos rivales e centrarse só no Celta: "O máis importante somos nós e agora o resto de equipos son os que teñen que pelexar", concluíu.

0 comments:

Publicar un comentario