O celtismo movilízase: Quedada para recibir aos xogadores antes do Celta - Friburgo



A Federación de Peñas Celtistas propuxo para o vindeiro xoves, antes do partido de volta dos cuartos de final da Europa League fronte ao Friburgo, un recibimento especial co obxectivo de apoiar ao equipo desde o mesmo momento da chegada dos xogadores ao estadio. A iniciativa busca crear un ambiente de ánimo e unión arredor do conxunto celeste nunha cita que pode ser decisiva para o seu percorrido europeo.

A quedada está prevista para as 17:00 horas na rúa Pablo Iglesias, segundo informou a propia federación de peñas, que anima a toda a afección a participar neste acto de apoio masivo. A intención é acompañar aos pupilos de Claudio Giráldez na súa chegada e transmitirlles confianza antes dun encontro de máxima esixencia.

Espérase un gran ambiente, marcado pola ilusión crecente do celtismo, que cada vez está máis convencido de que o equipo pode remontar o 3-0 adverso da ida. De lograrse, sería unha noite histórica en Balaídos, desas que quedan gravadas na memoria da afección durante anos.


0 comments:

Publicar un comentario