La organización Resistencia Celta, opositora de Carlos Mouriño, nos envía un nuevo comunicado en el que quieren aclarar algunos puntos, bajo el título "Quen é quen" y que os trasladamos tal y como lo hemos recibido. Recordemos que en el último comunicado se comprometieron a enviar una carta de intención de compra al Celta.
1- Para poder solicitar os nosos nomes hai que ter lexitimidade para iso. Un foreiro detrás dun nick anónimo carece dela.
2- O motivo de que Resistencia Celta non dea nomes é sinxelo: Trátase dun movemento integrador. Se o personalizamos perdería esa esencia, aínda que chegará un momento no que se dará ese paso.
3- Aqueles que din que poñamos cartos presupoñen que non o temos. Equivócanse totalmente. En calquera proceso de compra hai dous partes e necesitamos saber se unha delas está disposta a vender para poder ofertar e se así fose habería que tentar alcanzar un acordo. É tan simple como iso. Ademáis no mundo dos ricos Mouriño é un rico moi pequeniño.
4- En todo caso, xa dixemos noutro comunicado que gran valor do Celta non llo outorga o máximo accionista do club, danllo os seus 100 anos de historia, a súa masa social, a súa ascendencia etc. O Celta sen masa social vale 0 euros, lle pese a quen lle pese. Se non fose ninguén ao estadio, Mouriño estaría xa fóra do clube. Subestimar o poder da masa social, mesmo con precedentes análogos noutros países é pernicioso.
5- Se a masa social non quere un cambio no clube e prefire seguir cun mediocre que xa demostrou que ten que recorrer a corruptelas políticas para tentar alcanzar os seus obxectivos, do mesmo xeito que fixo en Campeche, saltándose a legalidade vixente, respectarémolo. Con todo, iso non o converte nun bo empresario nin nunha persoa honesta, seguiría sendo un cacique apoiado por parte da masa social do clube. Non se pode saber cómo o farán os que virán, pero sí sabemos QUEN É Mouriño. Por certo, os chineses trouxoos él, non nós. Polo contrario Citroën é francesa, non houbo que ir a unha dictadura buscala e tan mal non o fixeron.
6- Os afeccionados que cantaban en Balaídos “Denis SI, Mouriño NON” e “Gabri SI, Mouriño NON” posiblemente estaban tan descontentos coa xestión como o estamos nós, tras 19 adestradores en 17 anos de mandato e porque “O Celta esqueceuse falar de fútbol” -Mouriñ dixit-.
7- Probablemente tanto eles como outros miles de celtistas considerarían que pretende construir un campo máis grande que Balaídos tras pasar as formigoneiras por un monte e saca ao Celta da cidade non é o camiño correcto. Tampouco o é apartar xogadores sen razón algunh ou vivir das xenialidades de Aspas porque ano tras ano NON existe planificación deportiva. Este, o do Centenario, non é unha excepción.
8- Mouriño está a gardar o diñeiro para un pelotazo e deixarlle como herdanza a Mariam e ao seus netos o Real Club GES de Mós e así poder cambiar o seu status de pequenos ricos ao de u pouco máis ricos. O único que lle impediu vender en 2016 é que os compradores chineses obrigábanlle a contar cun estadio propio. Ese momento coincide co inicio do conflito co Concell de Vigo.
9- O Concello representa a todos os cidadáns de Vigo non só aos Celtistas. Os cidadáns leva cedéndolle as instalacións municipais ao clube (Balaídos, A Madroa e Barreiro) a cambio dun canon irrisorio durante décadas. Entendemos que cada ameaza de Mouriño con levarse ao Celta da cidade debería obter unha resposta social contundente: Se se quere ir que se vaia AGORA Retíraselle a concesión da que tanto se queixa e dáselle vía libre para marchar co equipo a xogar de prestado a calquera lado mentres avanza coas súas obras en Mos, ata que o Tribunal de Xustiza da Unión Europea as paralice. Trátase dun PROBLEMA SOCIAL en toda regra. Isto non é fútbol, é outra cousa.
10- Aos que afirman que non é o momento de pelexar por un Celta mellor ou nos critican porque se preguntan onde estabamos antes, respondémoslles o seguinte: Saímos á palestra cando equipo de fútbol non se atopa ao fío da navalla, non somos oportunistas. Non é culpa nosa qu algúns se contenten cun novo himno e unha camisola cun parche como escudo. Entendemo que comprar o silencio de parte da afección non debería ser tan sinxelo.
11- A organización Resistencia Celta quere deixar patente que non é o monicreque de ningún partido político, nin de ningún medio de comunicación, nin de ex-presidentes do club, nin de ninguén. Somos xente seria que sacamos tempo dos nosos respectivos traballos para loitar por aquilo que cremos xusto e contamos coa mesma lexitimidade para iso que a que mostren quenes estean en desacordo connosco.
12- Por último, queremos deixar claro que imos chegar ata o final para que o Celta volva ser dos Celtistas. Todos aqueles que se queiran unir á causa son benvidos porque non hai Celta sen Celtismo pero si haberá Celta sen Mouriño.
0 comments:
Publicar un comentario