O Celta aplicará o réxime interno aos abonados que venden as invitacións para o partido ante o Sevilla


O Celta está disposto a frentar a revenda de entradas para o partido ante o Sevilla. Non é a primeira vez que pasa, pero neste caso o club anuncia que tomará medidas e aplicará o réximo interno do club para aqueles abonados que se acollan a esta práctica. A continuación o comunicado emitido polo Celta hai uns minutos: 

O RC Celta traballa desde fai xa varios anos e de xeito intenso na erradicación da reventa de entradas ou invitacións para os partidos no estadio de Abanca Balaídos polo prexuízo que lles causa a abonados e afeccionados. Trátase dunha actividade ilícita que de cara ao encontro do domingo ante o Sevilla xerou un lóxico malestar entre a masa social celeste dada a gran demanda existente das invitacións para os abonados.
O club aplicaralle as medidas recollidas no réxime interno aos abonados que xa identificou e que nas últimas horas trataron de obter réditos dunhas invitacións destinadas en exclusiva a que os socios poidan acudir ao partido con dous acompañantes e deste xeito multiplicar o apoio ao equipo. O RC Celta non tolerará baixo ningún concepto este tipo de prácticas, tanto reventa como lucrarse co carnet, que prexudican aos abonados do club.

0 comentarios:

Publicar un comentario