Raúl Dacosta volve á selección Sub-16


Foto: RC Celta
O canteirán celeste Raúl Dacosta (Ourense, 2002), dianteiro do Cadete B, regresa á Selección Española Sub-16 para participar nos adestramentos que o combinado nacional realizará do 29 ao 31 de maio na Cidade Deportiva de Las Rozas. Raúl xa fora convocado o pasado mes de abril coa selección, onde causou unha gran impresión.

A canteira do Real Club Celta continúa crecendo e aportando xogadores á selección española, un espaldarazo ao intenso traballo que club e Fundación Celta realizan na Madroa.

0 comentarios:

Publicar un comentario