Un histórico ex xogador do Celta, adestrador no campus de Serbia


Esta mañá comezou o campus internacional da Fundación Celta de Vigo na cidade serbia de Veliko Gradiste. A actividade, promovida pola entidade celeste en colaboración co concello da localidade e o principal club local, o FK VGSK, foi recibida con enorme ilusión entre os mozos participantes que gozarán do fútbol e a filosofía celeste até o vindeiro sábado 11 de febreiro.

Os mozos serbios de entre 9 e 15 anos adestrarán polas mañás baixo as ordes dos preparadores enviados pola Fundación Celta nas instalacións deportivas do concello e polas tardes recibirán charlas formativas sobre diferentes aspectos da metodoloxía celeste. O campus conta ademais cun preparador de excepción, o ex xogador celeste Milorad Ratkovic participará dos adestramentos diarios e será un referente no desenvolvemento desta actividade.

A Fundación Celta de Vigo continúa deste xeito apostando pola internacionalización da canteira do club celeste, facendo chegar a súa filosofía e metodoloxía a diversos puntos de Europa, Asias e América.

Fundación Celta

0 comentarios:

Publicar un comentario