Tropas de Breogán organiza unha recollida de alimentos


A peña Tropas de Breogán 1923 organiza no partido de mañá e no que enfrontará ao Celta co UCAM, unha recollida de alimentos. Segundo nos informan situaranse nos baixos de Marcador dende dúas horas antes do partido, ademáis, tamén recollerán alimentos no pub Cousa Nosa, a parir das 19:00, entre o martes e o sábado. 
A idea e recoller alimentos non perecedeiros, que serán doados íntegramente á organización sen ánimo de lucro “Fundación Amigos de Galicia”. 


0 comentarios:

Publicar un comentario