Fútbol de Plástico


Foto: Atlántico Diario
Motívome. Levo demasiadas cousas dentro coma para non escribir. Confésolles que para poder facelo busco unha melodia.  Revolvo nos meus arquivos sonoros na procura dun escenario sónico e, unha vez illado do mundo,  cunha banda sonora nada orixinal,  lánzome o teclado e intento poñer en orde os meus pensamentos e as miñas perspectivas.  Hoxe escollín o 'fake Plastic Trees' dos RadioHead, para dar ritmo a un texto que non sei se realmente chegará a dar una perspectiva ( a miña, únicamente) sobre o caso Augusto. Algo que quero comentar con vostedes.

Quedan demasiadas cosas no tinteiro. Demasiado por explicar e entender. Demasiadas penumbras. E son unhas penumbras quizais demasiado cheirentas, o estercolero infame do futbol profesional . Dunha cousa inda creo que poido estar seguro: ninguén o fixo ben. Nin falar.

Nesta istoria hai tres actores,

Velez e Augusto. Inda que tanto monta e monta tanto exculpo ( inda que  sei que  non debo ) ó xogador. E unha parcialidade e admito que vostedes me critiquen esa polarización. Pero entendo ó igual que fixo o mister a motivación do xogador, que denttro de seis ou sete anos xa non estará traballando.  Entendo a súa postura. Pero  miro mais alá do suxeito da acción. Non exculpo nin exonero ós  dirixentes arxentinos. A posición intoxicadora de Vélez é vergoñenta.  No ánimo máis evidente  de eludir as taxas e gravámenes dunha operación  que  foi espoleada por eles dende o principio ate o fin, co galo unico de  paliar toscamente  a súa evidente bancarrota. Extraigamos as conclusións que debamos sobre a súa directiva.  Non se pode, no futbol actual, negociar cun clube que  intoxica toda negociación . Tivemos toda a mala sorte do mundo de atoparnos cos bucaneros  maís infámes do futbol sudamericano: Gámez e toda a  directiva de Vélez.  Inclusive deixou o xogador o pé dos cabalos cos famosos 50.000 euros que poñía do ser bolsillo o xogador . Chilavert, que fora gardamallas do conxunto   - o Paraguaio pode ter moitos defectos, pero ningún deles e mentir-  xa o dixo claramene fai unhas datas: '' Raúl Gámez "no tiene los recursos para manejar a Velez Sarsfield y está mandando a la entidad de Liniers a la bancarrota". Añadiulle a postdate de que ' "Hay dirigentes que deberían estar presos"'.   O escenario concuerda perfectamente: Os 'Tweets'  lanzados dende a vicepresidencia do clube arxentino, buscaban eludir certas responsabilidades tributarias evidentes intentando  xustificar un valor  moi  baixo da operación.   Vélez está nunha situación económica  que podria paraleilizarse cun coma Glasgow 3    A Febreiro de 2014 o seu pasivo era de case 171 millons de $ desglosados en varios aspectos.  Era máis que evidente que a entidade de Linierss ten un problema de liquido moi evidente e presente. As presas e gañas de vender xustifican. O que é inxustificable e o comportamente a nivel de redes sociaís do equipo e os seús organos directivos.  Os danos colateráis ( o pensamento dos siareiros celestes) non lle importaba, nin lle importa. Procuraron nesta negociación facer tanto dano coma puideron, Mintiron primeiro dicindo canto recibiron pola metade dos dereitos do xogador, E non contenos con isto,  logo continuaron coa mentirna, negando a venta da súa parte públicamente cando xa o fixeran. Deste xeito deixaban a negociación a unha sóa banda. Xa non me meto nos temas tributarios. Temos que aprender a qué clase de xente temos que falar. E tomar nota. Con xente así, e mellor non ter a medias nin un billete de lotería caducado.

Actor numero dous, os colchoneiros.

Pouco, moi poco, ou nada  se pode esperar  dun equipo presidido por un 'presunto' delincuente.  As formas pérdenlle claramente. Está acostumado a outro xeito de actuar. O seu victimismo é tan histórico coma histérico e hipócrita.  Argallan o papel de víctimas dos 'grandes'...  e no seu funcionamento demostraron ser moito peores.que os séus verdugos. Rasgan ás súas vestiduras pola mínima afrenta, invocan a cabalerosidade e o 'fair play' para si mesmos.  Só para si mesmos:  Hipócritas a sabiéndas.   Non se pode pedir  xogo limpo nin gaitas en vinagre a  un presdiente que non entrou en prisión porque o seu delito preescribira, non por non concurrencia do mesmo. Non porque non fose culpable. Non se pode atisbar unha ética a alguén que concurriu en falsedade documental, estafa e apropiación indebida.   Non se pode esperar nada dun club no que seu maximo mandatario, coma herdeiro da mellor tradición mafiosa, agasalla con  pisos a políticos en busqueda de favorecementos recalificativos. A podredumbre e o seu hábitat. O lixo é a súa ética.  A mentira a súa moeda.

Actor número tres, O silencio.

Creo que en casa Celta - o digo con todo o convencemento- fanse ben moitisimas cousas.  Sobor de todo comparado co que se fixo nos ultimos 25 anos. Pero nin o Papa de Roma goza xa de infabilibidade.  Alguén tivo xa tempo de sobra para sair os micrófonos e dicir ' pasa isto, esta é a situación,  pasou estoutro, temos este problema.'  Entendo que non se fixera durante a negociación. Asumo que o futbol  profesional ten que medir os tempos , mesurar a información que se otorga. Pero o silencio convirte a todos en culpables - por omisión, dando validez as informacións provintes de Vélez-  ; e fai parecer o clube na ausencia de Mouriño un barco o garete, sen rumbo nen destino.. e se mo permiten dicir incluso  fai parecer as cousas peor do que realmente son.  O Celta non é so o seu presidente. Hai cargos de sobra para poñe -la cara e dar as explicacións pertinentes.  E asumo tamén que non é unha ONG e que en determinados momentos, alguén ten que mirar pola saúde económica do clube, a dotación de fondos para poder patrimonializarlo. Asumo os fluxos de caixa lóxicos nunha empresa. Pero que o expliquen. Que saian da oscuridade e do sliencio. Se hai que levalas, pois hai que levalas.   Agocha-lo pescozo coma unha avestruz non serve.


O futbol convertiuse en isto,  en política, en mentira, en oscuras habitacións cheas de  despachos onde os cartos trocan de man coma se fosen simples moedas dun xogo infantil. E certo que xa  somos todos moi maduros e xa nada nos colle de novas. Estamos vacinados de moitas desazóns desta indole. Pero inda vai un cachiño do sentir dunha afección  neses texemanexes .  Estas maniobras derivan  nunha falsedade similada, camuflaxe perfecta de algo que semella ser ... e xa non é . Coma as plantas de plastico da canción que  puxen hoxe coma banda sonora deste texto; coma a terra das plantas de plástico, coma a súas follas. Semella ... pero non é.  Os toques no corazón, biquiños ( mua, mua ) o escudo, a  falsa humildade, ás disculpas forzadas cada vez que marca un xogador o seu ex-equipo... aborrezco o panorama.  O diorama é dun hastío incomensurable. Xa non quedan ialmas.   O fútbol actual é de plástico, cos seús arbitros de plástico, cos seus xogadores de plástico, seu xogo limpo de plástico lavable e sumerxible; cos seus presidentes intocables, plastificados coma unha fotocopia dun DNI . Todo Plástico, brillante, barato, incólume. Semella fútbol.  Moitas veces pregúntome a min mesmo se realmente sigue sendoo. Ou é outra cousa que non atino a nomear.



Twitter:@FjlamasFt

0 comments:

Publicar un comentario