A Real Sociedad ficha a Jonathas por 7,2 millóns de euros


Finalmente a Real Sociedad fíxose cos servicios do brasileiro Jonathas. O dianteiro do Elche, que estaba no punto de mira de varios clubes, entre eles o Celta segundo algunhas informacións, xogará finalmente en Anoeta, onde será prsentado esta tarde ás seis. Dende o Celta sempre se manifestou que non quedaba pendente a contratación dun dianteiro, pero sí dun extremo dereito e un central. 

O caso é que al Real Sociedad foi finalmente quen levou o gato á auga, logo de pagar 7,2 millóns polo traspaso do seu xogador, unha cifra que non podería alcanzar o Celta.  No Elche xogou o ano pasado 14 goles e marcou 36 partidos, moi boas cifras para un dianteiro dun equipo da zona baixa. 

Compre salientar que 7,2 millóns era a debeda que tiña o Elche pendente coa plantilla, e que lle pode custar o descenso a Segunda B. Este diñeiro seguramente lle permita afrontar esos pagos e continuar, polo menos, na división de prata logo de descender administrativamente a dita categoría. 

0 comentarios:

Publicar un comentario