Tweets, habelos hailos


Foi por agosto do ano que estamos a piques de deixar cando comenzou a rodar o balón por Balaidos, e os celtistas, como cada ano, agardabamos que as cousas foran por fin ben. Só aspirabamos a non pasar apuros que nos levaran, nun acto de desesperación final, a pasar un ano enteiro sen probar cervexa. Tal e como as cousas se ian dando todo parecía que non íamos pasar sede. Os puntos sumábanse casi tódolos partidos, e os mais vellos íamos restando os puntos que acadabamos a os corenta e dous que queríamos ter canto antes para asegurarnos outro ano en primeira mentras escoitabamos palabras como "champions" ou "Europa league".

Foi en outubro cando a xeira que levávamos chegou a cima, foi un orgasmo, chegou o clímax: Barcelona 0- 1 Celta. Por primeira vez gañabamos en liga no Camp Nou, Todo foron risas e felicitacións, e foi tal a inxección de moral que algún exlamou en pleno extasis "Se acabó el discurso de la permanencia. Vamos descaradamente a por Europa", e a partir de aí fodímola.

Dende aquela tan só un punto sumamos. E por mais que un servidor de vostedes pregou pola corrección de tan desafortunado comentario, como única resposta recibiu a indiferenza.

Poderíamos discutir sobre si un comentario proferido por alguén sospeitoso de ser gafe, pode influir sobre os acontecementos do universo. Algún incluso dirá que as supersticións son tonterías, pero as cousas do corazón non entenden de razón, e si hai unha posibilidade, por pequena que esta sexa, de que un comentario poda traer consecuencias negativas, cal é o problema para retiralo?

Eu mesmo, nalgunhas fases históricas do noso clube, fun acusado de gafe por algún curmán, e ainda que nunca me considerei tal, souben entender que tiña unha especial responsabilidade, polo que sempre me abstiven de facer pronósticos ou dar por feitos resultados positivos ainda gañando por tres goles no minuto 75. Pois iso é o que pido ó autor de ese comentario, que entenda a especial responsabilidade que temos os acusados de sospeita de "gafismo", os sinalados como gatos negros, os que desencadeamos castigos divinos, os que cando falamos facemos que un neno morra de pena nas antípodas, os que en definitiva calados estamos mais guapos,  Esa responsabilidade consiste en entender que os pronósticos nos son para nos, e menos en voz alta,

Así, que unha vez máis, prego o autor do comentario antes sinalado que o retire, e que pense que ainda que non crea nada do que dixen, nada temos que perder coa eliminación do exabrupto. Se me fas caso, e ainda que o Celta gañe por dez goles de diferencia, apoiarei a tua teoría de que todo foi fruto da casualidade.

Making Friends since 1973

0 comments:

Publicar un comentario