![]() |
| Foto: Marta Grande |
Álex López foi un dos grandes protagonistas da fin de semana. O ferrolán quedou fora da lista de Luis Enrique para recibir ao Málaga, o que causou certa sorpresa entre a afección. O centrocampista celeste pasou esta noite polos micrófonos de Galia en Goles, o popular programa da Radio Galega, quitándolle importancia ao acontecido: "A todo futbolista moléstalle quedar fóra pero hai que tomalo con tranquilidade e respecto ós compañeiros. Non creo que haxa que botar de menos a ninguén, eu síntome valorado pola xente, non perdemos porque non estivese eu" suliñou.
Con respecto ó encontro do mércores no Camp Nou, o ferrolán é sabedor da dificultade que presenta: "Somos conscientes da dificultade do Camp Nou, pero somos ambiciosos e valentes e tentaremos sacar algo, ninguén é invencible. Tentaremos aproveitar os seus poucos puntos febles". Tamén falou dos xogadores azulgrana: "Messi é un gran xogador, pero Iniesta é un espectáculo", salientou Álex López, que lle pediría a camisola a Xavi ou Iniesta, aínda que recoñeceu non ser "de pedir camisolas".
Por último, tamén reflexionou en voz alta sobre a polémica coas arbitraxes tra-lo clásico: "Cando os árbitros se equivocan contra nós non din nada. Ó Celta poucas veces lle regalan nada os árbitros. Queixarse dos árbitros". Non fai falla ir moi lonxe, xa que nos dous últimos partidos entre Celta e Barcelona, Fernández Borbalán, colexiado en ambolos dous encontros, cometeu erros a favor do conxunto catalán, anulando un gol legal a Charles esta temporada, e permitindo un gol de Jordi Alba estando un metro en fora de xogo.




0 comments:
Publicar un comentario