![]() |
Foto: Abc.es |
Artigo enviado por Ramón Viqueira
O 19 de Novembro de 2002 en Galicia tivo lugar unha das maiores catástrofes medioambientais da historia: o afundimento do petroleiro chamado Prestige. Case 9 anos despois de este accidente, Celta e Deportivo xogarán na Coruña un partido correspondente á xornada 13 da Liga Adelante, que ten moitas similitudes con este desastre.
Tal e como ocorreu co Prestige, tanto Celta como Deportivo afundíronse, e con eles, o fútbol galego na 1ª División. Lonxe quedan os dous equipos que maravillaron a España, Europa, e boa parte do mundo. Lonxe quedan as victorias frente a grandes equipos europeos como Juventus, Aston Villa, Benfica, Milán ou o Liverpool entre outros, así como ós dous grandes do fútbol mundial, Real Madrid e Fútbol Club Barcelona. Pero preto, moi preto, nos queda a esperanza, a ilusión, as gañas de volver a ver ó Celta no lugar onde se merece, na Primeira División. Quen sabe, se da man do Deportivo, que malia as nosas diferenzas, é moi bo para Galicia que tamén teña que estar onde se merece.
Non hai que ser un experto para saber que o fútbol galego xa non é o que era. Os dous estandartes da nosa comunidade están agora mesmo na 2ª Divsión, buscando a maneira de poder devolvernos a ilusión ós fieles que, partido tras partido, albergamos unha esperanza de volver a ver ó noso equipo xogar outra vez contra os máis grandes. Atrás quedaron os Mostovoi, Karpin, Revivo, Gudelj, Mazinho, Makelele... Agora é o momento dos Aspas, Oubiña, Mallo, Lago, Túñez, Toni ou Jota, que moitas ledicias nos darán nos próximos anos. Pero sen irme moito polas ramas, tratarei de expoñeros as similitudes o máis brevemente posible.
Nós tardamos tempo en asimilar que estábamos en 2ª, igual que tamén tardamos en asimilar os danos que nos podía producir esa “pequena mancha”, según algúns dos xefes daquela época. Tanto os nosos dirixentes, os dirixentes dos veciños da Coruña e os mandamases da Xunta galega querían agochar o que era inevitable: O afundimento do barco, que deixa consigo manchas de petróleo das que nos temos que librar. Non é unha tarefa doada. Movilizacións, manifestacións, axudas, e sobre todo, colaboración. Iso é o que necesitamos agora, colaborar uns con outros, non deixar que o equipo se afunda. Agora veñen de cara, pero qué pasará cando o equipo volva ir mal? Temos que estar todos con todos, os que poidan ir a Balaídos, os que non poidamos, os que simplemente non queran, os que non teñan unha economía que llo permita, os que estén no exilio... Todos podemos aportar algo para sacar adiante o barco celeste.
É o que temos agora, e o que pouco a pouco vaise convertindo no noso propio Rexurdimento. Como galegos que somos, non lle empezamos a dar importancia ata que a cousa está nunha situación insostenible. Pero como tamén somos galegos, ben sabe é sabido que non nos rendiremos nunca. Pouco a pouco, volvemos a ter unha seña de identidade e sobre todo, xente na que se poida confiar. Non hai recursos económicos para poder fichar, e é a hora de tirar da canteira, do que é noso. Temos que animar e comprometernos co equipo, para que os 11 tripulantes que saian cada domingo a xogar, sepan que non só eles tiran do barco.
Toda historia ten o seu final. Nós podemos contribuir a que este sexa un final tráxico ou, como todos esperamos, sexa un final feliz. O fútbol nos debe moitas cousas, pero se estamos quietos non nos van chegar por arte de maxia. O domingo temos un partido que todos levamos esperando moitísimo tempo, unha oportunidade máis de aportar o noso gran de area para conseguir o obxectivo do ascenso e limpar ó equipo económicamente. Sen ti, non se pode conseguir.
Sen máis nada, Hala Celta! E que viva o fúbtol galego!
0 comments:
Publicar un comentario